Contacontos ilustrado polo Día das Bibliotecas
Evento xa rematado
-
Data
23 octubre, 2023
-
Hora
6:00 pm - 7:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
- A actividade terá lugar na Sala Multiusos do Centro Social do Mar ás 18 horas, con entrada de balde ata completar capacidade
- ‘Periplo Atlántico’ é un contacontos de Polo Correo do Vento, cunha versión moi libre de ‘O negro Panchito’ de Castelao
Este martes, 24 de outubro, con motivo do Día das Bibliotecas, a Sala Multiusos do Centro Social do Mar acollerá o contacontos ilustrado e musicado “Periplo Atlántico” do colectivo Polo Correo do Vento, formado por Enrique Mauricio e Carlos Taboada. A actividade está impulsada pola Concellería de Cultura, Mocidade e Normalización Lingüística e a actividade forma parte da Rede Municipal de Bibliotecas de Bueu.
O obxectivo é promover o interese pola lectura e os relatos, á vez que se fomenta o desenvolvemento da creatividade e da expresión artística da rapazada de 4 anos en diante.
‘Periplo Atlántico’ é unha versión moi libre de ‘O negriño panchito’, de Castelao. A agrupación Polo Correo do Vento fan unha versión escenificada en homenaxe a Castelao e o seu ‘Panchito’.
O relato conta a historia de Panchito, un pingüín que vive en Bueu onde non hai ningún coma el. Un día calquera sente, coma os mozos da súa vila, anceios de ver mundo… e entón, embarcará de polisón nun barco descoñecido que o levará a vivir un periplo polo océano atlántico cheo de aventuras.