Conferencia: «Xeneralidades do cancro de colon e recto»
Evento xa rematado
-
Data
12 abril, 2019
-
Hora
8:00 pm - 10:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organiza o 12 de abril unha conferencia sobre as «Xeneralidades do cancro de colon e recto». A charla, que terá lugar ás 20.00 h no Centro Social do Mar, estará impartida pola Doutora Érica Barreiro Domínguez, Cirurxiá Xeral e do Aparato Dixestivo, amais de especialista da unidade de cirurxía de colon e recto do Complexo Hospitalatio de Pontevedra.
Dun xeito ameno e dinámico, transmitirá a importancia de facer a sinxela proba de sangue oculto en feces que permite detectar de forma precoz este tipo de tumor; abordará as causas e os factores de risco que o provocan ou as pautas que se deben seguirse xa se padece a enfermidade. Unha das misións da Asociación Española Contra o Cancro é a de informar, concienciar e previr, co obxetivo de reducir ó máximo o risco de padecer un cancro.Por isto queremos animar a tódalas persoas que se atopan entre os 50 e os 69 anos a que acepten a invitación e fagan o test de sangue oculto en feces. Un xesto que pode salvar vidas.