Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Conferencia de Johan de Cangas

Evento xa rematado

A Asociación Cultural para o Debate Ricardo Gómez Buceta e o Concello de Bueu, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organizan o sábado 26 de maio unha xornada dedicada a Johan de Cangas, o xograr de San Mamede do Mar, que viviu entre o 1250 e o 1310.  Co obxectivo de poñer en valor a súa figura, Xerardo Dasairas impartirá unha conferencia titulada «Orixe e relación de Johan de Cangas con San Mamede do Mar», que estará musicada pola Coral Polifónica de Bueu cos Cantigas de Martín Códax e Rosa Cerviño, quen interpretará a Cantiga de Johan de Cangas.

O acto terá lugar o sábado a partir das 21.00 horas no Centro Social do Mar.