Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre

Evento xa rematado

O programa da Festas das Alfombras Florais de Bueu arrancará o sábado 22 de xuño co concerto de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, que terá lugar ás 22 horas no exterior do Centro Social do Mar, financiado no marco do programa da Deputación de Pontevedra, Musigal. O espectáculo do disco, 15 músicos en escena para un directo poderoso coa clara intención de revisar ao vivo o repertorio da gravación que Xabier e este grupo de 12 cantoras e percusionistas están presentando acompañadas de Gutier Álvarez (violín e zanfona) e Javier Álvarez (acordeón diatónico). Como se define na súa páxina web “humildes e poderosos a un tempo… Adufes, pandeiretas, cunchas, pandeiras… Todo un exército de parches para montar unha foliada de dimensións ciclópeas”.