Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto solidario en favor de Bicos de Papel

Evento xa rematado

A mítica comparsa de Bueu, Vou nun bou, organiza o 22 de abril, ás 18.00 horas, un concerto solidario a favor da Asociación Bicos de Papel. O acto, cuxas entradas xa están esgotadas, será no Centro Social do Mar e acollerá as actuacións especiais de Eladio Santos, Carlos Blanco, Bétula Péndula, Ari Magritte e Pablo Lesuit.

Ademais, tamén se habilitou unha fila cero para aquelas persoas que queiran colaborar coa causa, e non poidan asistir ao evento. Os donativos para a asociación poden facerse, pois, no seguinte número de conta: ES55 0133 4730 7642 0000 4791.