Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto fin de curso Aula Municipal de Música

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar acolle o próximo domingo, 9 de xuño, o concerto de fin de curso da Aula Municipal de Música, que se celebrará ás 19.00 horas, e cuxo tema central será mostrar a evolución do alumnado destes anos.

O acto estará presentado polo actual concelleiro de cultura, Xosé Leal, e arrancará coa interpretación da “Marcha Turca” de Mozart a ritmo de muiñeira con coreografía infantil. Seguiranlle despois as actuacións do alumnado de piano básico e adulto e o de canto de adultos. Estes farán soar as recoñecidas cancións “Onde vas, ou Rosa”, un tema propio do Baixo Miño transfroiteirizo, e “Quen puidera namorala”.

A continuación, o alumno Iago López Caíño fará as delicias con catro pezas musicais tocadas no piano, concretamente “Pallasos”, “Danza delle Bambole”, de Shostakovich, “Darksaid” de Allan Walker e “Muvoli Evianci” de Ludovico Einaudi. Ao remate, como vén sendo habitual, farase entrega de diplomas.