Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto ‘Dobre extra!’ de Paco Nogueiras e Marc Taeger

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza o vindeiro 17 de abril o concerto infatil ‘Dobre extra!’ de Paco Nogueiras e Marc Taeger.  A actividade terá lugar no Centro Social do Mar ás 18.00 h e deberase reservar entrada a través dun formulario na web municipal.

DOBRE EXTRA! é un espectáculo baseado no libro-cd “Extra!” editado por Kalandraka Editora, na que se combinan cancións e interpretacións cos rexistros máis divertidos.

Chega o “xornal musical” que Paco Nogueiras e Marc Taeger idearon para compartir con todas e todos vós. En DOBRE EXTRA! a imaxe e o son van da man. Os temas dispóñense en distintas seccións onde cada composición e cada debuxo abordan noticias nacionais e internacionais, sucesos, información social, cultural e divulgativa, deportes, opinión, pasatempos e ata unha axenda de actividades.

DOBRE EXTRA! convídate a conectar co mundo e transformar a realidade en canción. Quen dixo que non se poden cantar as noticias? E bailalas? E debuxalas? En DOBRE EXTRA! pódese. E cantos máis sexamos, moito mellor. Melodías e ritmos modernos, pegadizos e bailables que convidan á participación do público. DOBRE EXTRA! é cor, alegría, diversión, imaxinación e información.