Concerto de Sés
Evento xa rematado
-
Data
15 julio, 2020
-
Hora
10:30 pm - 12:00 am
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
A zona exterior do Centro Social do Mar será o escenario do concerto de Sés que o Concello de Bueu organiza o mércores 15 de xullo ás 22.30 h, no marco do programa Musigal da Deputación de Pontevedra. O concerto será gratuíto e as persoas interesadas en asistir deberán retirar as entradas na plataforma www.enterticket.es a partir do luns 13 de xullo ás 8:00 horas, puidendo facerse ata un total de dúas por persoa.
Prevese contar cun aforo de 300 butacas, e a apertura de portas será ás 21.00 h, e contaranse con todas as medidas de seguridade e saúde.
María Xosé Silvar, máis recoñecida como Sés, converteuse nunha das artistas de maior éxito e proxección en Galiza, tanto polo seu carisma e discurso, como pola forza e calidade das súas cancións, sempre comprometidas co mundo e coas persoas que o habitamos.