Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto de Santa Cecilia

Evento xa rematado

A Banda de Música Artística de Bueu organiza o sábado 17 de novembro, ás 20.30 horas no Centro Social do Mar, o concerto de Santa Cecilia, patroa dos músicos.  Ao igual que todos os anos realizarase un acto previo na Praza Massó ás 20.15 horas para a recepción dos novos músicos/as que pasarán a formar parte da Banda, seguido dun pasarrúas ata o Centro Social.
O repertorio estará formado por arranxos de música moderna da década dos oitenta e noventa, con entrada libre ata completar aforo.
Ao finalizar o concerto celebrarase a cea da patroa no restaurante «Entre Brasas» en Agrelo, á que asistirán músicos, familiares e todos os socios/as e amigos/as que desexen participar. A reserva deberá realizarse antes do 14 de novembro no teléfono da Asociación (635937959) ou no local da Casa da Música M. Omil os mércores e venres de 18:00 a 22:00 horas.