Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto de Gospel Solidario

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar acolle o 15 de decembro, ás 18.00 h, o concerto solidario de Gospel Vida. Nel recadaranse alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene persoal.

O Coro Gospel Vida naceu no ano 2014 co obxectivo de presentar á sociedade galega un dos xéneros musicais máis de moda: o góspel. Actualmente está formado por máis de 60 voces e 10 músicos, e aglutina o traballo de apaixoados desde xénero de toda Galicia. A dirección musical está a cargo de Tony Recamán, recoñecido músico que, desde ben novo, se dedicou á dirección coral, formándose con algúns dos máis importantes directores que introduciron este estilo de música en Europa, como Dan Hollingsworth, Nancy Roncesvalles, Vandalyn Kennedy, Joakim Arenius ou Damien Sneed, entre outros.