Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concerto de Fuzzo

Evento xa rematado

O Estaleiro da Banda do Río acolle o 28 de decembro un concerto de Fuzzo a partir das 13.00 h.

Fuzzo é unha formación musical na que se xuntan tres destacadas figuras do jazz galego: Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos cos sintetizadores e Chus Pazos na batería. Defínense como unha banda de improvisación libre e acumulativa cunha estética próxima ao rock psicodélico e á música electrónica, sen abandonar a improvisación como canle fundamental de expresión.