Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Concentración Moteiros do Morrazo

Evento xa rematado

O 31 de maio, 1 e 2 de xuño celebrarase nas Lagoas a Concentración de Moteiros do Morrazo, unha das probas do motor máis exitosas da contorna e que inclúe diversas actividades.

O venres ás 17 horas abriranse as inscricións, e ás 23.30 h terá lugar un concerto de Broken Peach seguido do DJ Rubén Díaz.

O sábado ás 17 h realizarán unha ruta moteira con pinchada pola zona. Ás 19.30 h, exhibición stunt a cargo de Paulo Martinho e Martín Volador, seguida dunha proba de decibelios e motos lentas. A partir das 00.30 h, ruta nocturna con fachos polas rúas da vila e festa a cargo do DJ Rubén Díaz.

Xa o domingo ás 10 h será o almorzo para as persoas inscritas, a continuación do cal sairá unha ruta moteira. Ás 12.30 h, exhibición stunt e como remate, vermú e pinchos con entrega de trofeos.