Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Club de lectura na axencia de lectura co autor…

Evento xa rematado

Club de lectura na Axencia de Lectura co autor: Todo canto fomos, de Xosé Monteagudo

Xosé Monteagudo visitará a Axencia de Lectura de Meiro o 8 de marzo para conversar sobre o seu libro «Todo canto fomos»

O 8 de marzo, o autor Xosé Monteagudo visitará a Axencia de Lectura de Meiro para participar no club de lectura arredor da súa novela Todo canto fomos a partir das 20.00 horas.

SINOPSE: Un escritor de novelas policiais, residentes en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. Todo canto fomos é unha novela que percorre máis de un século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente.

Entrada libre.