Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Club de lectura con Arantza Portabales

Evento xa rematado

A Axencia de Lectura de Meiro, sita na Casa da Aldea deste lugar, acolle o 8 de novembro ás 20.00 h, un club de lectura no que a autora Arantza Portabales comentará c@s asistentes a súa recente novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal.

SINOPSE: As historias poden contarse de moitas formas. Mais poucas tan orixinais coma esta, deslumbrante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo.

Un mollo de voces que deixan mensaxes nun contestador. Historias de moitas almas que imos construíndo a medida que escoitamos o que se deixa nun aparello, frío, que, con todo, está cheo de vida, das vidas, as que a autora fai brillar cun lume de palabras que non vai deixarnos indiferentes.