Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Cinema na rúa: Coco

Evento xa rematado

No marco do programa municipal de “Cinema na rúa”, o mércores 18 de xullo, a Praza Massó acolle ás 22.00 horas a proxección de “Coco”.

SINOPSE: Miguel é un mozo co soño de converterse en lenda da música a pesar da prohibición da súa familia. A súa paixón levarao a adentrarse na «Terra dos Mortos» para coñecer o seu verdadeiro legado familiar.