Cineclub de verán
Evento xa rematado
-
Data
23 agosto, 2018
-
Hora
10:00 pm - 12:00 am
-
Praza Massó
Praza Massó, s/n, 36930, Bueu
O Cineclub de Bueu organiza o vindeiro 23 de agosto a presentación e proxección ao aire libre do filme A Estación Violenta de Anxos Fazáns coa presenza dos autores. Á sesión, que será ás 22 horas na Praza Massó, seguiralle un concerto de música experimental a cargo de Charles Rapante.
SINOPSE: A vida non é inofensiva. Pode ser esgotadora e frustrante. A Manuel gustaríalle ser escritor, pero vive atrapado na súa rutina, incapaz de afrontar as súas emocións. Terá un inesperado reencontro cos seus mellores amigos da adolescencia que fará disparar todas as súas pulsións.