Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo Miradas Derredor: Arquitectura e paisaxe. Memoria e legado de Ramón Vázquez Molezún

Evento xa rematado

O Concello de Bueu organiza o ciclo de conferencias ‘Miradas derredor’, que se celebrará todos os mércores de agosto ás 20.30 horas no Centro Social do Mar, e que busca poñer en valor a historia da vila así como recuperar as súas voces culturais e literarias ao longo do tempo. A iniciativa, que naceu hai cinco anos, propón un achegamento temático a distintas cuestións e personalidades, todas elas con vínculos creativos e históricos coa vila de Bueu, que merecen ser recoñecidas, investigadas, promovidas e, pola súa xuventude e e talento, dándolles a oportunidade de ser coñecidas e admiradas.

O 23 será a quenda da conferencia “Arquitectura e paisaxe. Memoria e legado de Ramón Vázquez Molezun no seu centenario”, na que Francisco Rodríguez Pastoriza e María Molezún, filla do arquitecto, darán a coñecer a vida e a obra deste home e tamén a súa relación con Bueu, manifestada na súa vivenda no areal da Roiba, construción de alto recoñecemento arquitectónico, paisaxístico e artístico e considerada unha das iconas da vila.