Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: Olvido y León

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un ciclo de cinema galego, que terá lugar todos os venres ás 20.30 h no Centro Social do Mar, e no que se busca potenciar a difusión de filmes feitos na Galiza ou por profesionais galegos nos últimos tempos.  O 7 de maio poderase gozar de Olvido y León, de Xavier Bermúdez, cunha cota de entrada de 2.00 € para persoas socias e de 4.00 € para as non socias.

SINOPSE: despois de quince anos, Olvido aceptou que os seus problemas non están relacionados coa relación que mantén co seu irmán xemelgo, León, que ten síndrome de Down. Podería abandonalo, pero aceptou que o que lle acontece realmente é que está baixo a influencia de poderes que non coñece e que non identifica ben, que tecen ao seu redor coma unha araña un cárcere de insatisfacción persoal.