Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: «O corno» de Jaione Camborda

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio o Ciclo de Cinema Galego, no que se proxectarán catro filmes galegos.

O ciclo arrancará o 3 de maio coa proxección de «O corno» de Jaione Camborda, que se poderá ver ás 21 horas no Centro Social do Mar. O custe de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: Illa de Arousa, 1971. María é unha muller que gaña a vida recollendo marisco. Tamén é coñecida nunha illa por axudar a outras mulleres no parto con especial dedicación e coidado. Tras un suceso inagardado, vese obrigada a fuxir e emprende unha perigosa viaxe que a fará loitar pola súa supervivencia. Na busca da súa liberdade, María decide cruzar a fronteira por unha das rutas de contrabantistas entre Galicia e Portugal.