Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: «Lúa vermella»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un ciclo de cinema galego, que terá lugar todos os venres ás 20.30 h no Centro Social do Mar, e no que se busca potenciar a difusión de filmes feitos na Galiza ou por profesionais galegos nos últimos tempos.  O 21 de maio poderase gozar de Lúa vermella, de Lois Patiño, cunha cota de entrada de 2.00 € para persoas socias e de 4.00 € para as non socias.

SINOPSE: o tempo parece detido nunha vila da costa galega. Todo o mundo está como paralizado, pero aínda podemos escoitar as súas voces: falan de pantasmas, bruxas e monstros. Tres mulleres aparecen e comezan a buscar a Rubio, un mariñeiro que desapareceu recentemente no mar.