Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: «Eroski Paraíso» de Jorge Coira e Xesús Ron

O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio o Ciclo de Cinema Galego, no que se proxectarán catro filmes galegos.

O 24 de maio proxectarase «Eroski Paraíso» de Jorge Coira e Xesús Ron, que se poderá ver ás 21 horas no Centro Social do Mar. O custe de entrada será de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: Álex, unha moza cineasta, quere filmar un documental sobre os seus pais, que se coñeceron en Muros, concretamente na sala de festas Paraíso, en 1989. Ela tiña 19 anos, el 25. Como outras tantas familias, emigraron e andaron a tombos dun lado a outro, deixando que a vida decidise por eles. Vinte e cinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidadando do seu pai e traballando nun supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un mestrado de cinema en Barcelona e viaxa á súa vila natal para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigamento vital de toda unha xeración.