Ciclo de cinema galego: «Eles transportan a morte»
Evento xa rematado
-
Data
27 mayo, 2022
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu programa durante este mes de maio o Ciclo de Cinema Galego, que traerá á vila diversos títulos da nosa cinematografía actual que se poderán visionar e que estarán acompañados de coloquios cos membros do equipo directivo. Así, o 27 de maio terá lugar ás 21.00 horas a proxección de «Eles transportan a morte» de Helena Girón e Samuel M. Delgado, que se poderá ver no Centro Social do Mar. O custe de entrada é de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.
SINOPSE: 1492. Entre a tripulación de Cristóbal Colón viaxan tres homes que xa deberían ter morto. Conseguiron evitar as súas condeas participando na incerta viaxe, pero ao chegar ás illas Canarias, foxen cargados cunha das velas da embarcación. Mentras, no Vello Mundo, unha muller trata de salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas viaxes tratan de burlar á morte. Ambas viaxes dependen do tempo e da Historia.