Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: «Cuñados»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un ciclo de cinema galego, que terá lugar todos os venres ás 20.30 h no Centro Social do Mar, e no que se busca potenciar a difusión de filmes feitos na Galiza ou por profesionais galegos nos últimos tempos.  O 28 de maio poderase gozar de Cuñados, de Toño López, cunha cota de entrada de 2.00 € para persoas socias e de 4.00 € para as non socias.

SINOPSE: Eduardo e o seu cuñado Sabonis acaban de meter a pata nun dos seus negocios e precisan moito diñeiro. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuetsrando a Modesto, cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os enganou e os deixou tirados. Só existe un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro polo seu cuñado. No entanto, é o propio Modesto quen crea un novo plan co que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Estes tres cuñados téñeno todo para fracasar pero, como diría Sabonis, malo será.