Ciclo de cinema galego: «As Neves» de Sonia Méndez
-
Data
16 mayo, 2025
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un ciclo de cinema galego, no que se proxectarán filmes galegos ou relacionados coa nosa cultura.
O 16 de maio poderase ver «As Neves» de Sonia Méndez, que terá lugar ás 21.00 horas no Centro Social do Mar cunha entrada de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.
SINOPSE: As Neves é unha vila galega de montaña onde todos se coñecen. A noite de Entroido un grupo de adolescentes celebran unha festa e dróganse con cogomelos por primeira vez. Ao día seguinte espertan cun temporal de neve e a noticia de que Paula, unha das mozas da festa, desapareceu. Mentres, a vila queda incomunicada e cae internet. Cada vez é máis urxente atopala. Iníciase unha investigación que causará un profundo cambio nas súas vidas e na súa relación co mundo.