Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: «A virxe roxa»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu programa durante este mes de maio o Ciclo de Cinema Galego, que traerá á vila diversos títulos da nosa cinematografía actual que se poderán visionar e que estarán acompañados de coloquios cos membros do equipo directivo. Así, o 20 de maio terá lugar ás 21.00 horas a proxección de «A virxe roxa» de Marcos Nine, que se poderá ver no Centro Social do Mar. O custe de entrada é de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: o 9 de xuño de 1933, un crime convulsionou á opinión pública española: Aurora Rodríguez Carballeira matou a tiros á súa propia filla, unha brillante e reputada intelectual, mentres esta durmía. A moza, de tan só dezaoito anos, era unha das mulleres máis destacadas da Segunda República española. Publicou varios libros sobre educación sexual e o papel da muller na sociedade moderna, foi xornalista e membro do partido socialista.