Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Ciclo de cinema galego: «A illa das mentiras»

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu organiza durante o mes de maio un ciclo de cinema galego, que terá lugar todos os venres ás 20.30 h no Centro Social do Mar, e no que se busca potenciar a difusión de filmes feitos na Galiza ou por profesionais galegos nos últimos tempos.  O 14 de maio poderase gozar de A illa das mentiras, de Paula Cons, cunha cota de entrada de 2.00 € para persoas socias e de 4.00 € para as non socias.

SINOPSE: na madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino a Bos Aires e 260 persoas a bordo, fúndese fronte á escarpada e dura costa da illa de Sálvora, en Galicia.  Ante a falta de homes na illa, tres mozas illás deciden ir ao rescate salvando 48 persoas, un acto heroico que pagarán moi caro. Despois destes feitos, un xornalista arxentino acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pero pouco a pouco comproba que esa noite sucederon demasiadas casualidades terribles na illa e que son moitas as incógnitas por resolver.