Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Choconadal en Meiro

Evento xa rematado

O Concello de Bueu e a Asociación Veciñal A Morada organizan o 23 de decembro ás 18 horas unha actividade chamada «Choconadal», na que se repartirá chocolate quentiño de balde, e haberá unha xincana organizada por Josuha Xanbreo, ademais dunha actuación musical con Os Mulos. A actividade terá lugar na Casa da Aldea de Meiro.