Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Choconadal en Beluso

Evento xa rematado

O Concello de Bueu, a Asociación Veciñal de Beluso e a Asociación Cultural de Sanamedio organizan o 27 de decembro ás 17 horas unha actividade chamada «Choconadal», na que se repartirá chocolate quentiño de balde, e haberá unha xincana organizada por Josuha Xanbreo, ademais dunha actuación musical coa Coral Polifónica de Beluso. A actividade terá lugar no Parque Joe Novas de Beluso.