Charlas vespa velutina
Evento xa rematado
-
Inicio
2 marzo, 2020
8:00 pm -
Fin
9 marzo, 2020
10:00 pm
O Concello de Bueu e a Asociación Galega de Apicultores poñen en marcha de novo varias charlas informativas sobre a problemática social da vespa velutina e como está afectando esta aos diversos municipios, dado o seu espallamento dos últimos tempos. Tal e como se puxo de manifesto nos dous anos anteriores, estas reunións buscarán concienciar á veciñanza e ás diversas asociacións sobre a importancia do trampeo para erradicar esta lacra que atenta contra a natureza. Nelas entregarase o material ás persoas que xa teñen trampas e buscarase contar con máis colaboradores/as.
As charlas arrancarán o 2 de marzo ás 20.00 h na Casa Reitoral de San Martiño. Continuarán o 3 de marzo á mesma hora na Casa do Pobo de Beluso, o 5 de marzo na Casa da Aldea de Meiro e o 6 de marzo na Biblioteca de Cela. O peche será o 9 de marzo, no auditorio do Centro Social do Mar, ás 20.30 horas.
José María Bello, delegado de AGA Morrazo, será o encargado de explicar o método de elaboración de trampas caseiras e repartirá material didáctico. Desde a asociación insisten en que é importante a implicación da cidadanía para atallar esta problemática social, pois como di o lema da campaña “Convives ou combates, ti elixes”.