Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla Susana Aldecoa sobre actividade física para persoas con afeccións cardíacas

Evento xa rematado

A concellaría de deportes de Bueu pecha o xoves 11 de abril, as Xornadas Informativas de Actividade Física para Tod@s cunha charla na que Susana Aldecoa, médica de familia e presidenta de AGAMFEC (Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria), falará sobre a necesidade do deporte para as persoas que padecen algún tipo de afección cardíaca. O acto, que terá lugar ás 20 h no Centro Social do Mar, estará presentado polo doutor e ex concelleiro de cultura Carlos Eirea, e irá encamiñada a aclarar dúbidas e propoñer métodos para a práctica do deporte nas persoas con cardiopatías. Segundo Aldecoa “hai que tentar eliminar o medo a sufrir complicacións ou crises que se produce cando por descoñecemento do tipo de intensidade ou exercicio adecuado”.