Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla- presentación Discamino

Evento xa rematado

O 30 de marzo, ás 12.00 h, o Centro Social do Mar de Bueu acolle unha charla – presentación de «Discamino», na que participarán José Varela, presidente da Asociación, Javier Pitillas, o vicepresidente, e varios integrantes como Javier Fernández, Gerardo Fernández, Fani Pérez, Ana Soage e David Gil.

O proxecto Discamino nace en agosto de 2009 co obxectivo de facer a ruta xacobea máis accesible para todas as persoas. Concíbese como unha ferramenta para lograr que calquera persona con algunha discapacidade poida gozar de todo o que o Camiño de Santiago ofrece. Pero non é soamente a ruta, senón que Discamino coordina a preparación física e mental necesaria para levar a cabo este reto e defende como lema «Non deixes que ninguén che diga que non podes».