Charla «Os Aldao do Pazo do Casal. Do S. XI ao S. XXI. Dos Aldao aos Nuño»
Evento xa rematado
-
Data
22 abril, 2023
-
Hora
12:00 pm - 1:00 pm
-
Centro Social do Mar
Rúa de Montero Ríos, 36930 Bueu, Pontevedra
- O acto terá lugar o 22 de abril ás 12 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar
O Concello de Bueu, a través da concellaría de patrimonio, arquivo e bibliotecas, organiza o vindeiro 22 de abril unha charla sobre a historia do Pazo do Casal, que será impartida polo investigador Miguel Nuño. O acto, no que tamén participará o historiador e mestre local Arturo S. Cidrás, terá lugar ás 12 horas na Sala Multiusos do Centro Social do Mar.
A conferencia versará sobre sobre a xenealoxía do Pazo do Casal, Aldao ou Picos de Bueu sito no lugar da Graña e os seus entronques cos pazos de Santa Cruz tamén en Bueu, Ouril en Beluso e Casa grande do Pracer en Cela, así como a deriva familiar dos Aldao ós Nuño ….
No medio entrecrúzanse persoeiros como don Joaquín Aldao Sarmiento dos últimos Aldaos de Bueu e o polígrafo don Víctor Said Armesto coa súa avoa no citado pazo, sen esquecer a descuberta persoal e familiar co conferenciante.
Miguel Ángel Nuño Vázquez-Garza é diplomado en óptica pola Universidade Complutense de Madrid e diplomado en óptica e optometría pola Universidade de Alicante. Despois da concesión do premio de “Amigos de Pontevedra” ao seu irmán Javier pola súa traxectoria na medicina decide indagar nas diferentes ramas familiares a fin de elaborar un libro aberto, para que os descendentes puidesen seguir escribindo nos mesmos e nos que puideran xurdir no futuro. Así naceu Historias y anécdotas de una familia pontevedresa, actualmente ocupando dous volumes e 1.073 páxinas escritas. Comezou polo seu avó paterno “Lope Nuño Gómez” polo que sentía unha particular admiración dada a súa vida de loitador despois de ser illo natural do que, no seu momento, ostentaba o maiorazgo do Pazo do Casal en Bueu. A raíz deste, e outros achados, é polo que decidiu iniciar unha nova investigación para coñecer realmente quen fora o pai biolóxico do seu avó e que deu lugar ao libro De los Aldao a los Nuño.
Escribiu catro libros: os tres primeiros volumes están dedicados á navegación astronómica en alta mar e o cuarto, de construción naval, meteoroloxía, teoría da navegación, inglés náutico e radiocomunicacións marítimas.
Na actualidade tamén é Capitán de Iate e mergullador deportivo.