Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla Mulleres que mudan o mundo

Evento xa rematado

Lideresas indíxenas de Guatemala percorrerán esta semana varios puntos de Galicia para dar a coñecer a súa loita na defensa dos dereitos das mulleres e do territorio, unha ruta que incluirá parada en Bueu, este venres, 23 de novembro, ás 19.00 h cando ofrecerán unha charla na Sala Amalia Domínguez Búa.

A iniciativa está impulsada pola Deputación de Pontevedra dentro do proxecto «Mulleres que mudan o mundo», coa colaboración da Coordinadora Galega de ONGD, unha entidade formada por 46 organizacións que traballan no campo da cooperación internacional. A charla será impartida por Juventina López, activista, mediadora de conflictos, guía espiritual, indíxena mam e filla dun líder comunitario que loitou pola recuperación de terras ancestrais; e Ita Xocol, de 23 anos, unha defensora dos dereitos das mulleres  k’iche’ en Nahualá, en Guatemala.