Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla informativa Servizos de Atención Temperá

Evento xa rematado

O Concello de Bueu vén de poñer en marcha un Servizo de Atención Temperá (SAT), cuxo obxectivo é promover a igualdade, a saúde e a inclusión social mediante un conxunto de intervencións á poboación infantil de 0 a 6 anos con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos, e á súa familia e contorna, co fin de facilitar a súa autonomía persoal e a dita inclusión. Precisamente, e co obxectivo de informar á cidadanía, o próximo mércores, 28 de setembro, organízase unha charla aberta ás 19.00 horas no Centro Social do Mar.

Os servizos serán ofrecidos polo equipo SAT Bueu, que conta cun logopeda, unha fisioterapeuta e unha psicóloga con formación e experiencia no desenvolvemento infantil. Segundo destaca a edil da área, “a idea é detectar trastornos no desenvolvemento ou risco de padecelos en nenos e nenas de 0 a 6 anos”, aínda que o acceso ao servizo debe facerse dende pediatría do/a menor.

Este servizo finánciase no marco da Rede galega da atención temperá, co apoio da Unión Europea no Programa Operativo FES Galicia 2014-2020.

As persoas interesadas en obter máis información poderán contactar co servizo no teléfono 623292191 ou no enderezo electrónico bueusat@gmail.com.