Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla informativa «Eólicos no Morrazo Non!»

Evento xa rematado

A Plataforma Eólicos no Morrazo NON organiza este venres, 26 de novembro, unha charla informativa contra o proxecto que quere promover a empresa ACS para a colocación dunha ducia de aeroxeradores entre Marín, Bueu e Moaña. A sesión terá lugar no auditorio do Centro Social do Mar ás 20.00 h e dende o colectivo queren divulgar entre a cidadanía as consecuencias que podería acarrear a implantación deste parque eólico.