Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Charla – coloquio sobre a Asociación Cultural Liboreiro en Bueu

Evento xa rematado

O Centro Social do Mar acollerá o xoves 12 de decembro, ás 20.00 h, unha charla – coloquio que lembrará a breve actividade da Asociación Cultural Liboreiro en Bueu, que foi creada no 1976. No acto participarán José Antonio Agulla Graña, presidente da xestora, Afonso Fernández Rodríguez, primeiro presidente, e os tamén fundadores Xosé Novas Piñeiro, Xaime Domínguez Toxo e Francisco R. Pastoriza.