Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Carreira Silvestre Bueu

Evento xa rematado

  • O proxecto naceu da man de clubs deportivos da vila, e cun marcado carácter social, lúdico e deportivo
  • O 31 de decembro haberá unhas olimpíadas a partir das 15 horas, e xa ás 18 horas sairán a andaina e a carreira polas rúas do casco urbano

O Concello de Bueu, a Asociación Veciñal por Beluso (Asbel), o Club de Atletismo Corredoiras e Galaicas Bueu organizan o 31 de decembro a 1ª Carreira Silvestre de Bueu, na que haberá andaina e carreira, ademais dunhas olimpíadas para a cativada.

Esta carreira xurdiu este ano por primeira vez e cun marcado carácter social, lúdico e deportivo, de aí que a Silvestre de Bueu conte con dúas modalidades: carreira e andaina, nas que poderán participar todas as persoas que o desexen, independentemente da súa idade. A saída será ás 18 horas dende a zona das Lagoas e cun circuíto urbano de 2,5 quilómetros, que continuará polas rúa Johan Carballeira, Montero Ríos, Banda do Río e regreso cara o Centro Social do Mar e ata as Lagoas, e remate con chocolate quente para as persoas participantes. Dende a organización suxiren unha indumentaria especial, na que se dividen as persoas participantes por parroquias e cores: as de Bueu poderán levar camiseta amarela, as de Beluso, azul, as de Cela, verde, as de Meiro/Ermelo, vermello, e as de Ons, rosa. As inscricións están abertas ata o venres e pode facerse a través dun sinxelo formulario online.

Ademais das carreiras, ese día tamén están programados a partir das 15 horas unhas olimpíadas, que se celebrarán na contorna das Lagoas e nas que haberá categorías de benxamín (nados no 2013 e 2014) e alevín (nados no 2011 e 2012) e dez modalidades atléticas: 50 m/l, 100 m/l, 200 m/l, 400 m / obstáculos, lanzamento de peso, lanzamento de xabalina, relevos 4 x 100 m, salto de altura, salto de lonxitude e triple salto.

Toda a información pode atoparse nas redes sociais da carreira:

FACEBOOK

INSTAGRAM

FORMULARIO DE INSCRICIÓN