Campus multideportivo ADFS Bueu

A Agrupación Deportiva de Fútbol Sala de Bueu organiza do 1 ao 31 de xullo un campus multiportivo, no que poderán participar nenos e nenas nados a partir do 2003.  O evento celebrarase no Pavillón Municipal de Beluso e entre as actividades propostas están: atletismo, badminton, volei praia, xadrez, zumba, xogos populares, maxia, kayak , vela e moito máis.

As inscricións, cun custe de 100 €, poderán realizarse a través do correo campusadfs@hotmail.com.

Carr. Portela, 53, 36937 Bueu, Pontevedra