Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Campus Multideporte de Nadal

Evento xa rematado

  • O programa de actividades desenvolverase do 23 de decembro ao 3 de xaneiro no Pavillón Municipal Pablo Herbello, e nel poderán participar nenos e nenas de entre 6 e 12 anos

O Concello de Bueu, a través da concellaría de deportes, poñerá en marcha por primeira vez un Campus Multideporte gratuíto para que a rapazada da vila goce dunhas vacacións de Nadal saudables e divertidas.

Segundo salienta Ricardo Verde, edil da área, o programa consta de dous obxectivos. Dunha banda, promover a ocupación do tempo de lecer dos e das escolares que se atopan de vacacións lectivas; e, doutra, atender ás necesidade de conciliación que xorden ás familias con fillos e fillas en idade escolar nese período, sen esquecer o fomento de hábitos saudables. Por iso, o campus acollerá a práctica de deportes como o balonmán, o bádminton, o colpbol, o hockey, as xincanas ou probas de orientación, entre outros.

Nel poderán participar nenos e nenas de entre 6 e 12 anos, que terán que realizar a inscrición previamente entregando a folla de solicitude no Rexistro Xeral ou pola Sede Electrónica do 4 ao 18 de decembro.

O Campus celebrarase no Pavillón Municipal Pablo Herbello desde o 23 de decembro e ao 3 de xaneiro, en horario de 9.00 a 13.00 horas, agás os festivos de Nadal e Aninovo, cando non haberá actividades.