Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Campionato Galego de Bateis

Evento xa rematado

  • No campionato agárdase a participación de 25 clubes galegos con diversas embarcacións da zona norte e sur

  • As tandas clasificatorias disputaranse o sábado a partir das 17 horas, e as finais, o domingo ás 11 horas.

O peirao de Bueu será o escenario dunha das probas do calendario de bateis máis importantes. Esta fin de semana disputarase na vila morracense o Campionato Galego de Bateis, que organiza a Federación Galega de Remo, o Club do Mar Bueu- Teccarsa e o Concello de Bueu.

O campionato disputarase a dobre xornada: o sábado terán lugar as clasificatorias a partir das 17.00 horas, e o domingo, as finais, que se poderán seguir dende as 11.00 horas, cunha ruta que irá dende a Banda do Río ata a zona de Beluso.

No campionato tomarán a saída primeiramente as traiñeiras de Alevín feminina, Infantil feminina, Cadete Feminina, Xuvenil feminina e Absoluta feminina; e seguidamente as de Alevín masculino, Infantil masculino, Cadete masculino, Xuvenil masculino e Senior masculino. A organización agarda a participación de embarcacións de vinte e cinco clubs da zona norte e sur: C.R. Cabo de Cruz (7 embarcacións), C.R. A Cabana Ferrol (4 embarcacións), C.R. Mecos (5 embarcacións), S.D. Samertolameu (6 embarcacións), C.R. Chapela (7 embarcacións), C.R. Puebla (5 embarcacións), C.R. Narón (2 embarcacións), C.R. Rianxo (6 embarcacións), C.R. Celeiro (2 embarcacións), C.C.D Cesantes (1 embarcación), C.R. Virxe da Guía (1 embarcación), C.R. Ares (5 embarcacións), C.R. Vilaxoán (1 embarcación), C.R. Muros (2 embarcacións), Amegrove C.R.D.C (2 embarcacións), C.D Mariñeiro de Mera (1 embarcación), C.R Meira (2 embarcacións), S.D. Tirán (3 embarcacións), C.R. Vila de Cangas (1 embarcación), C. Regatas de Perillo (2 embarcacións), C.R. Robaleira (2 embarcacións), C.R. Náutico de Riveira (2 embarcacións), C.N. Boiro (1 embarcación), C.R. Arealonga (1 embarcación), e Club do Mar Bueu – Teccarsa (3 embarcacións).