Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Proxección Cineclub: «Unha historia verdadeira» de David Lynch

Evento xa rematado

O Cineclub Bueu proxectará o 10 de abril o filme Unha historia verdadeira, de David Lynch, que se poderá ver a partir das 21.00 horas no Centro Social do Mar. A cota de entrada é de 2.00 € para soci@s e de 4.00 € para non soci@s.

SINOPSE: Alvin Straight é un ancián que vive en Iowa cunha filla discapacitada. Ademais de sufrir un enfisema e perda de visión, ten graves problemas de cadeira que case lle impiden permanecer de pé. Cando recibe a noticia de que o seu irmán Lyle, co que está enemistado dende hai dez anos, sufriu un infarto, a pesar do seu precario estado de saúde, decide ir velo a Wisconsin. Para iso terá que percorrer 500 quilómetros, e faino no único medio de transporte do que dispón: unha máquina cortacéspede.