XV Campionato Galego de Balonmán de Seleccións Provinciais Infantil e Alevín
Evento xa rematado
-
Data
16 junio, 2018
-
Hora
Evento todo o día
O municipio de Bueu recibirá este sábado, 16 de xuño, a máis dun millar de persoas, entre acompañantes e deportistas que participarán no XV Campionato Galego de Seleccións Provinciais de Balonmán, que se disputará nos pavillóns municipais de Bueu e Beluso.
En total agárdase a participación de doce equipos (catro por cada categoría). Concretamente, entre as 10 e as 16 horas, o Pavillón Municipal de Beluso acollerá os partidos da categoría infantil feminina, e os de alevín mixta e infantil masculina terán lugar entre as 10 e as 20 horas no Pavillón Municipal de Bueu.
“Bueu, cidade do balonmán” é un proxecto que se iniciou na fin de semana do 2 e 3 de xuño coa celebración da Fase Final da Copa de División de Honor Xuvenil Masculina e Infantil Masculina, e continuou o 9 e 10 coa Copa Final de Cadete Masculino.