Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Campionato Balonmán Praia Arena 1000

Evento xa rematado

A praia bueuesa da Banda do Río acollerá do 28 ao 30 de xuño o Campionato de Balonmán Praia Arena 1000, que se recupera tras un ano de parón. A competición insírese no marco do circuíto nacional Arena Handball Tour, que comeza en Torrox o 1 e 2 de xuño, e que percorrerá os lugares de Castellón, Bueu, Orihuela, Valencia, Cádiz e Alicante (nesta última terá lugar o Campionato de España). Na proba de Bueu agárdase a participación dun cento de equipos, e de máis de mil deportistas nas categorías de base a senior masculino e feminino, no que será un gran espectáculo deportivo e turístico.

O prazo de inscrución para este Arena 1000 de Bueu atópase aberto xa, e expirará o próximo 20 de xuño.