Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Campaña trampeo 2022

Evento xa rematado

  • Os actos terán lugar esta semana polas tres parroquias da vila, e repartiranse 200 trampas

O Concello de Bueu e a Asociación Galega de Apicultores continúan coa colaboración anual para loitar contra a vespa velutina. Así, dende o colectivo comarcal inciden na necesidade de que a cidadanía se conciencie e inicie a colocación de trampas para previr a proliferación de niños. Os actos públicos comezarán este mércores, 2 de marzo, na Casa do Pobo de Beluso ás 20.30 horas; e continuarán o xoves á mesma hora no Centro Social do Mar; e o venres no Centro Sociocultural de Cela.

Segundo avanzan dende o colectivo apicultor, este ano repartiranse 200 trampas e líquido, un material que a veciñanza poderá recoller nestes actos públicos polas parroquias, e para os cales se recomenda traer bolsa co fin de evitar o uso innecesario de plástico.

Xosé Leal, concelleiro de medio ambiente, anima aos veciños e veciñas de Bueu a participar nesta campaña, “pois está demostrado que as trampas reducen nunha ampla proporción a proliferación de niños, e por iso temos que incidir na prevención máis ca na retirada”.  E por iso, a Asociación Galega de Apicultores levan varios anos colaborando coa entidade municipal nesta campaña de prevención á que se unen cada vez máis veciños e veciñas.