Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Campaña ‘Coidados Porta a Porta’

Evento xa rematado

  • A unidade móbil instalarase no aparcadoiro de As Lagoas do 27 ao 30 de xuño, en horario de 9.00 a 20.00 horas
  • As persoas interesadas poderán solicitar cita previa nos teléfonos 622748283 ou 623546992 ou no correo coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal

A campaña “Coidados porta a porta” chegará a finais de xuño ao Concello de Bueu para ofrecer diversos servizos ás persoas maiores. Da man da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, as persoas de 55 anos en diante terán a posibilidade de inscribirse en actividades de estimulación de memoria, así como de podoloxía e audioloxía.

Os servizos, todos eles gratuítos, ofreceranse nunha unidade móbil dende o 27 ao 30 de xuño no aparcadoiro de As Lagoas, en horario de 9.00 a 20.00 horas, e poderase solicitar cita previa nos teléfonos 622748283 ou 623546992 ou no correo habilitado coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

Concretamente, o servizo de podoloxía consistirá nunha consulta básica, na que se fará unha valoración do estado xeral do pé, un corte e limpeza de uñas, así como eliminación de durezas e callos.  No servizo de audioloxía realizarase unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva.  E na estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e proporcionará pautas dende unha perspectiva terapéutica de como prever e reducir un posible deterioro.