Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Badaladas miúdas de fin de ano con Peter Punk

Evento xa rematado

O Concello de Bueu despide o 2021 cun evento que se celebrará o 31 de decembro. Peter Punk será o encargado de amenizar unha sesión de «Badaladas miúdas» no Estaleiro da Banda do Río ás 11.30 horas e na que poderá participar a cativada, nun evento no que se cumprirán con todas as medidas da Covid-19.

E pola noite, ás 23.50 horas, retransmitiranse na canle de Youtube do Concello de Bueu as badaladas de Nadal.