Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Apiturismo: exposición apicultura tradicional galega

Evento xa rematado

A Asociación Galega de Apicultura, en colaboración co Concello de Bueu, organiza do 17 ao 21 de agosto unha exposición sobre apicultura tradicional galega que se poderá ver no 2º andar da Praza de Abastos.

O 17 terá lugar ás 12.00 h a presentación da exposición e unha charla a cargo de Xosé Torres sobre a apicultura tradicional de Galicia, seguida dunha degustación de Meles Cinco Estrelas.