Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Andaina e concurso fotográfico na Banda do Río

Evento xa rematado

A Asociación Veciñal da Banda do Río organiza o domingo 2 de decembro unha ANDAINA E CONCURSO FOTOGRÁFICO en Bueu.
Trátase dunha iniciativa creativa financiada baixo a convocatoria de Cultura 2018 Ano da Lingua da Deputación de Pontevedra que ten como temática a lingua.
Para a participación establécense 3 categorías:
– Infantil: para menores de 12 anos
– Junior: de 12 a 18 anos
– Senior: para maiores de 18
Os/as participantes deben presentarse ás 10:00 da mañá no Estaleiro de Purro para recibir as indicacións da actividade.
Os temas propostos son:
a) Como primeira proposta, os participantes teñen que recoller nas súas fotografías motivos relacionados coa lingua incorporados en cartaces, murais, arte urbana, eslogans, sinalización, libros, textos, paneis, etc. en galego e desde unha óptica orixinal e creativa.
b) En paralelo, proponse como tema a cabina telefónica de Montero Ríos, como ferramenta de comunicación oral e ante a posibilidade de retirada da mesma. A idea é tomar fotos divertidas tomando á cabina como elemento central, facendo referencia a esta como elemento fundamental de comunicación previo á entrada dos teléfonos móbiles.
c) Finalmente, convocarase un concurso de fotografías sobre o barrio baixo un formato de andaina, coa idea de que os participantes recollan escenas locais, detalles do barrio, persoeiros, rincóns, etc.

BASES ANDAINA FOTOGRÁFICA 2018

Folla de inscrición