Actuación Son Trío
Evento xa rematado
-
Data
30 julio, 2020
-
Hora
9:00 pm - 11:00 pm
O Estaleiro da Banda do Río acollerá o xoves 30 de xullo ás 21.00 h o concerto de Son trío, organizado pola Deputación de Pontevedra no marco do programa ‘Música no ar’. Con el, o ente provincial pretende ser un revulsivo e un apoio á nosa música clásica, ofrecéndolle ao público a oportunidade de vivila en directo, en espazos con memoria, ao tempo que se poñen en valor as rutas xacobeas que percorren a nosa provincia: o Camiño Portugués, o Camiño Portugués da Costa e o Camiño de Inverno.
Son Tríoé un grupo feminino de Vigo que une a tres mulleres cunha ampla experiencia artística por separado. Formado en 2017 por Katerina Linke (piano, composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susana Blanco (cello), destaca polas súas cancións íntimas, expresivas, románticas, con ricas harmonías e cun toque de jazz.