Skip to content Skip to main navigation Skip to footer

Actos Día Internacional das Mulleres

Evento xa rematado

Con motivo desta efeméride, e dada a folga feminista e os paros convocados para o 8 de marzo, o Concello de Bueu decidiu trasladar todas as actividades programadas no marco do Día Internacional das Mulleres para a fin de semana. Así o xoves, diante da Casa Consistorial terá lugar ás 12.30 horas unha concentración a prol da loita pola igualdade de xénero.

Xa o venres pola tarde, o Club Golfiños renderá unha homenaxe á poeta Míriam Ferradáns, á que nomeará “muller destacada” nun acto que terá lugar ás 19.00 horas na Sala Domínguez Búa.

O sábado 10 de marzo, ás 12.00 horas, será a charla e presentación do libro Mujeres matemáticas: las grandes desconocidas, de Amelia Verdejo Rodríguez. Celebrarase na Sala Domínguez Búa, co obxectivo de achegar modelos de mulleres matemáticas, que poidan ser utilizados nas aulas en todos os niveis da ensinanza.

E xa o domingo a partir das 18 horas celebrarase un acto de inauguración da placa conmemorativa de Matilde Bares, quen fora mestra de Bueu, na rúa que leva o seu nome acompañada do grupo musical “Xonxas”. De seguido, ás 18.30 horas, o profesor e historiador local Don Arturo Sánchez Cidrás impartirá unha conferencia sobre a figura de Matilde Bares no Centro Social do Mar, e como colofón, arredor das 19.30 horas, o grupo de teatro moañés “Moito morro” representará unha obra que trata o tema da igualdade.